Rolda de prensa na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

David Vázquez presenta o programa electoral da
O candidato do “partido do equilibrio”falará das iniciativas e as propostas de EU para a próxima lexislatura
Este mércores 7 de maio ás 9.30 horas, o Secretario Xeral da Esquerda Universitaria David Vázquez exporá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra ante os medios informativos as políticas a levar a cabo para a próxima lexislatura, presentando o programa electoral do partido e compartindo as impresións causadas pola súa candidatura a estes comicios electorais.
David Vázquez explicará aos medios asistentes as inquedanzas compartidas polo equipo da EU e as solucións e propostas para as próximas eleccións ás Cortes Xerais do vindeiro 28 de maio.
O programa da EU expón solucións referentes a diversos aspectos mobilizadores da sociedade civil entre os que destacan temas de elevada preocupación social coma a vivenda, a inmigración, a violencia de xénero, a política medioambiental, a liberdade de expresión e, por suposto, a política educativa e as reformas do sistema universitario.
Apoiándose no seu equipo de colaboradores, o líder de Esquerda Universitaria sinala que o seu partido “pretende buscar o equilibrio político, económico e social para mitigar as desigualdades imperantes na sociedade actual”. EU maniféstase coma un equipo de goberno formado por universitarios que prantexa unha proposta política que xira entorno á xestión política das desigualdades sociais.
