Publicidad:
La Coctelera

Esquerda Universitaria

O equilibrio é posible

Categoría: A universidade

24 Mayo 2008

O concepto de EQUILIBRIO


ESQUERDA UNIVERSITARIA é o partido do EQUILIBRIO,

equilibrio entendido dende o punto de vista
de loita contra as desigualdades sociais,
avogamos por unha sociedade igualitaria.

É importante o EQUILIBRIO nunha xestión política xusta,
unha política que non beneficie a ninguén,
que todos sexamos tratados como iguais,
e que loite polo EQUILIBRIO social.

ESQUERDA UNIVERSITARIA
O equilibrio é posible

servido por esquerda-universitaria sin comentarios compártelo

12 Mayo 2008

VOTA Esquerda Universitaria

servido por esquerda-universitaria sin comentarios compártelo

12 Mayo 2008

ESQUERDA UNIVERSITARIA na cena de fin de curso

O xoves 8 de maio tivo lugar a cena de fin de curso de Publicidade e Relacións Públicas,
unha cena con aforo de case 100 persoas onde houbo comida, bebida e risas a esgalla

ESQUERDA UNIVERSITARIA estivo presente

ESQUERDA UNIVERSITARIA, porque o futuro elixe ao equilibrio

servido por esquerda-universitaria 1 comentario compártelo

11 Mayo 2008

ESQUERDA UNIVERSITARIA no acto de licenciatura

O pasado 28 de abril tivo lugar o acto de licenciatura na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.

No evento, chamado acto da patroa, entregouse a insignia de ouro a Manuel Fernández Areal e as bolsas de honra a Pepe Domingo Castaño, Uxío Fernández e Xosé Luís Méndez. Ademais, graduáronse os alumnos de Publicidade e Relacions Publicas, Comunicación Audiovisual e Xestión e Administración Pública da promoción do ano pasado.

ESQUERDA UNIVERSITARIA estivo presente

ESQUERDA UNIVERSITARIA, un grupo de bos amigos

servido por esquerda-universitaria 1 comentario compártelo

10 Mayo 2008

Rolda de prensa na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

David Vázquez presenta o programa electoral da Esquerda Universitaria na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

O candidato do “partido do equilibrio”falará das iniciativas e as propostas de EU para a próxima lexislatura

Este mércores 7 de maio ás 9.30 horas, o Secretario Xeral da Esquerda Universitaria David Vázquez exporá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra ante os medios informativos as políticas a levar a cabo para a próxima lexislatura, presentando o programa electoral do partido e compartindo as impresións causadas pola súa candidatura a estes comicios electorais.

David Vázquez explicará aos medios asistentes as inquedanzas compartidas polo equipo da EU e as solucións e propostas para as próximas eleccións ás Cortes Xerais do vindeiro 28 de maio.

O programa da EU expón solucións referentes a diversos aspectos mobilizadores da sociedade civil entre os que destacan temas de elevada preocupación social coma a vivenda, a inmigración, a violencia de xénero, a política medioambiental, a liberdade de expresión e, por suposto, a política educativa e as reformas do sistema universitario.

Apoiándose no seu equipo de colaboradores, o líder de Esquerda Universitaria sinala que o seu partido “pretende buscar o equilibrio político, económico e social para mitigar as desigualdades imperantes na sociedade actual”. EU maniféstase coma un equipo de goberno formado por universitarios que prantexa unha proposta política que xira entorno á xestión política das desigualdades sociais.

servido por esquerda-universitaria sin comentarios compártelo

28 Abril 2008

Un grupo de amigos

servido por esquerda-universitaria 1 comentario compártelo


Sobre mí

Esquerda Universitaria é un partido político composto por estudantes universitarios que prantexa unha proposta política que xira en torno a xestión das desigualdades sociais. Esquerda Universitaria avoga por unha xestión política baseada na participación, interacción, consenso dos diferentes actores que conforman a estrutura social, onde tamén están incluídos os representantes dos demais partidos que conforman o panorama político, como medio idóneo para conseguir o equilibrio.

Fotos

esquerda-universitaria todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera