ESQUERDA UNIVERSITARIA é o partido do EQUILIBRIO,
equilibrio entendido dende o punto de vista
de loita contra as desigualdades sociais,
avogamos por unha sociedade igualitaria.
É importante o EQUILIBRIO nunha xestión política xusta,
unha política que non beneficie a ninguén,
que todos sexamos tratados como iguais,
e que loite polo EQUILIBRIO social.
ESQUERDA UNIVERSITARIA
O equilibrio é posible
O pasado luns 19 de maio tivo lugar
na facultade de ciencias sociais
o aperitivo equilibrado de ESQUERDA UNIVERSITARIA.
O acto consistiu nunha festa de esquerdas na que se xuntaron
tanto profesores como alumnos,
e puideron degustar pinchos de empanada, tortilla..
acompañados de viño tinto e blanco, coca cola ou kas
Unha reunión que acabou arredor das 14.30
e que deixou moi boas impresións
Moitas gracias a todos por vir
Un saudo
O xoves 8 de maio tivo lugar a cena de fin de curso de Publicidade e Relacións Públicas,
unha cena con aforo de case 100 persoas onde houbo comida, bebida e risas a esgalla
ESQUERDA UNIVERSITARIA estivo presente
ESQUERDA UNIVERSITARIA, porque o futuro elixe ao equilibrio
O pasado 28 de abril tivo lugar o acto de licenciatura na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra.
No evento, chamado acto da patroa, entregouse a insignia de ouro a Manuel Fernández Areal e as bolsas de honra a Pepe Domingo Castaño, Uxío Fernández e Xosé Luís Méndez. Ademais, graduáronse os alumnos de Publicidade e Relacions Publicas, Comunicación Audiovisual e Xestión e Administración Pública da promoción do ano pasado.
ESQUERDA UNIVERSITARIA estivo presente
ESQUERDA UNIVERSITARIA, un grupo de bos amigos
David Vázquez presenta o programa electoral da Esquerda Universitaria na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
O candidato do “partido do equilibrio”falará das iniciativas e as propostas de EU para a próxima lexislatura
Este mércores 7 de maio ás 9.30 horas, o Secretario Xeral da Esquerda Universitaria David Vázquez exporá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra ante os medios informativos as políticas a levar a cabo para a próxima lexislatura, presentando o programa electoral do partido e compartindo as impresións causadas pola súa candidatura a estes comicios electorais.
David Vázquez explicará aos medios asistentes as inquedanzas compartidas polo equipo da EU e as solucións e propostas para as próximas eleccións ás Cortes Xerais do vindeiro 28 de maio.
O programa da EU expón solucións referentes a diversos aspectos mobilizadores da sociedade civil entre os que destacan temas de elevada preocupación social coma a vivenda, a inmigración, a violencia de xénero, a política medioambiental, a liberdade de expresión e, por suposto, a política educativa e as reformas do sistema universitario.
Apoiándose no seu equipo de colaboradores, o líder de Esquerda Universitaria sinala que o seu partido “pretende buscar o equilibrio político, económico e social para mitigar as desigualdades imperantes na sociedade actual”. EU maniféstase coma un equipo de goberno formado por universitarios que prantexa unha proposta política que xira entorno á xestión política das desigualdades sociais.
Descargar o libro de estilo do equilibrio
Como partido político, tratamos de transmitir unha serie de valores e de plasmalos de xeito que permanezan perennes na sociedade e mostren a nosa ideoloxía. Para elo, Esquerda Universitaria creou un libro de estilo no cal se enumeran as nosas ideas e as formas de levar a cabo a nosa campaña política.